Que uso lle das ao ordenador e ao móbil?

 

Que uso lle das ao ordenador e ao móbil?

Hoxe en día o ordenador é unha ferramenta imprescindible para calquera de nós, por non mencionar a inmensa cantidade de posibilidades que esta nos ofrece.
Eu persoalmente uso o ordenador para escoitar música, facer traballos de instituto, ver películas, xogos e algunha que outra vez falar cos compañeiros, o uso que lle dou é relativo comparado cas opcións que ofrece xa que outras persoas poden dar un uso mais proveitoso del. 
 Sería interesante aprender a editar vídeos, fotos, e a ver as pantallas dos demais como fai o profesor incluso editar pistas de audio.
Falando agora das tecnoloxias móbiles penso que o móbil é un elemento importantísimo en todos os sentidos ata o punto de que non podes salir da casa sen el.
No meu caso non vai a ser menos e o telefono forma unha parte imprescindible do meu equipo, a diferencia do ordenador pode decir que aproveito todas as función do telefono case ao 100% ainda que estas sexan menos numerosas cas dun ordenador.
Para concluir penso que ambalas dúas tecnoloxías son imprescindibles no día a día dunha persoa independientemente das horas que lle adiquen uns ou outros.














 
















Comentarios